Xoán Fórneas (Lugo, 1993) é actor, músico e produtor.
Graduado en interpretación pola RESAD, conta con experiencia na interpretación en cine, teatro e televisión. Debutou no teatro no 2016 co Tartufo (CDG) e posteriormente participou en montaxes como Federico hacia Lorca, El funambulista, La gaviota o los hijos de ou Recortes, caneos e outras formas de driblar.
Na televisión participou na serie de RTVE Acacias 38, nas producións para a Televisión de Galicia Fontealba e A lei de Santos; Heridas e RED FLAGS para Antena 3 ou en Élite, para Netflix. É tamén un dos protagonistas da miniserie La línea invisible, de Movistar+.
Pola súa participación en Dalia, a modista foi finalista a mellor actor de reparto nos premios Mestre Mateo.