Cristina Andrade

Cristina Andrade (1995) é licenciada en Interpretación Textual na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Participa en programas, series e filmes da Televisión de Galicia como Malo será!, Os Mariachi, Saudade de ti e Que fermoso é vivir en Abrente.

Forma parte tamén como actriz en curtametraxes e series web como Sendeiro, de Lucía Estévez; O Neno Sardiña, de Cósmica Producións; Mentres iso pasa, de Nacho Ozores e Xan Serie, de Lucía Estévez e Miguel Canalejo.

Sobre as táboas crea e participa en espectáculos teatrais como Los Cuerpos de Neró,Vetro ou Pastel de Escarapote.

Entre os seus proxectos máis recentes destacan os filmes en desenvolvemento Cara de Cona, de Guillermo Oliveira e dirección de Jorge Coira e Antes de Nós, dirixido por Ángeles Huerta.

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Índice » Cristina Andrade
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.