Retrato de Pepo Suevos

Pepo Suevos

Pepo Suevos (Ferrol, 1971) é actor de teatro, cine e televisión.

É un dos humoristas máis rodados no mundo dos monólogos en Galicia, sendo o máis recente Falade galego rapazada… é unha pasada!. Aínda que inicia a súa carreira coma contacontos, a día de hoxe tamén conta cunha longa filmografía. Entre os títulos de filmes nos que traballou destacan Entre bateas (papel polo que foi nomeado ao Premio Mestre Mateo a Mellor Actor), Pradolongo, A esmorga, A praia dos afogados ou Quen a ferro mata.

Na televisión actuou en programas da TVG como Tourilandia ou Land Rober (nos que tamén traballou como guionista) e tamén en múltiples series: Pratos combinados, Mareas vivas, Libro de familia, Padre Casares ou Fariña. En relación a esta última produción, tamén participou de Fariña, o espectáculo teatral, a obra baseada no libro de Nacho Carretero que tamén deu lugar á famosa serie.

FOTOS

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Índice » Pepo Suevos