Retrato de Marita Martínez

Marita Martínez

Marita Martínez (Malpica de Bergantiños, 1976) é actriz de teatro, cinema e televisión.

Estudou Maxisterio e especializouse en Audición e Linguaxe pola Universidade da Coruña, pero a súa traxectoria profesional orientouse cara ás artes escénicas. Ao longo da súa carreira realizou multitude de traballos como actriz e monologuista en diferentes espectáculos teatrais, aínda que a improvisación constitúe a súa principal liña creativa.

Neste ámbito participou en numerosos proxectos de Improscenia como Poe, Dickens, Shakespeare, Agatha Christie e Homero ou Galician Horror History, así como en montaxes como Mal de muchos e Quéroche un conto. Máis recentemente formou parte dos espectáculos Impro Come Back e Endaterra e protagonizou a peza teatral Códice K. Tamén participou en propostas escénicas vinculadas á narración oral e á improvisación, como Contos ao Noroeste, e en 2025 estreou no FIOT o espectáculo Contadiña, unha creación propia baseada en historias persoais e alleas contadas con humor, ritmo e retranca.

Fóra das táboas desenvolve tamén unha intensa actividade no audiovisual, participando en programas como Luar ou Malo Será, na serie Os Mariachi, na curtametraxe As tres caídas de María Santiso e nas webseries A arte de ser mal pai e Mataría. Compaxina ademais a súa carreira artística coa docencia.

Na actualidade continúa a profundar na improvisación teatral como eixo central do seu traballo. Xunto á actriz Lucía Veiga integra o proxecto escénico Parasimpáticas, unha proposta de comedia improvisada que combina humor, interacción co público e reflexión contemporánea sobre a identidade galega.

FOTOS

Marita Martínez e Lucía Veiga na mesa, mentres Russ se encarga da música desde o altar

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Índice » Marita Martínez
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.