Borja Fernández (Salcedo – Pontevedra, 1977) é director teatral, actor e músico.
Licenciado en Historia da Arte pola USC, tamén prepara a súa tese en dramaturxia na Universidade Nacional das Artes de Bos Aires. Foi cofundador das compañías Belmondo (1999), Arrepentimentos de Padrón (2002) e Pistacatro (2005).
Destaca a súa colaboración desde o ano 2003 con Chévere. Así, formou parte do elenco de espectáculos do grupo como Escapárate, Eurozone, Chelo paseo nº1 ou N.E.V.E.R.M.O.R.E. Tamén traballou para o Centro de Dramático Gallego como actor, músico e bailarín, e noutros espectáculos teatrais como Fariña. Ademais, o seu proxecto SALVADOR foi seleccionado por Iberescena 2017 para as súas bolsas de creación dramatúrxica no estranxeiro (Brasil). Desde 2016 é membro do grupo de teatro documental A Berberecheira, dirixido por Chévere.
Como músico, forma parte do grupo de rock Es un Árbol (2005) e do colectivo Metamovida (2012).