‘Fariña’ camiña cara os 65.000 espectadores nesta segunda metade da xira galega.
O espectáculo fai un alto nesta xira tras esgotar as entradas a fin de semana en Ourense. O 14 de maio continúa o seu percorrido por Galicia en Vigo, no Teatro Afundación.

A viaxe de Fariña continúa logo de case dous anos e medio. Polo medio, una inicio espectacular, unha pandemia mundial, unha estadía de preto de 8 meses en cartelera en Madrid e máis de 200 funcións. Nesta nova xira Galega, iniciada no mes de marzo, o espectáculo dirixido por Tito Asorey continúa esgotando entradas na maioría das funcións programadas ata o momento, acumulando máis de 10.000 espectadores neste mes e medio.
Fariña regresou a Galicia con moitas ganas logo de tantos meses xirando por toda a xeografía española. A acollida non puido ser mellor e estamos moi felices de volver ver os teatros e auditorios cheos de xente desfrutando do teatro. Logo de tantos meses, o espectáculo segue sorprendendo e removendo ao espectador na butaca, un espectáculo total que é, por riba de todo, unha festa en escena.
Logo das funcións no Auditorio Municipal de Ourense, Fariña descansa unhas semanas. A vindeira parada será en Vigo, no Teatro Afundación, os días 14 e 15 de maio. Despois, o espectáculo fará parada en Ferrol, o 21 e 22 de maio, e en Cangas o 28 de maio.
NOTICIAS RELACIONADAS
Ainé súmase á WordCamp Galicia 2026 como patrocinadora bronce
A produtora súmase á WordCamp Galicia, que se celebrará na Coruña do 16 ao 18 de outubro. Unha colaboración vinculada ao uso de WordPress nas webs de Ainé e os seus espectáculos.
Touriñán comeza a xira de ‘Moi Animal’ este venres en Cee
Cee esgota as entradas para o debut do espectáculo e Pontevedra fai o propio coa función do sábado. Para o domingo quedan as últimas localidades dispoñibles.
Ainé estrea unha aplicación móbil para achegar a súa actividade ao público
A ferramenta reúne nun mesmo espazo a programación de espectáculos, as opcións de compra de entradas, as últimas noticias e os contidos audiovisuais da produtora. Está dispoñible de balde para dispositivos iOS e Android.


