Desde os escenarios e para o público

Ainé é unha das produtoras de artes escénicas máis relevantes de Galicia. Levamos aos escenarios os espectáculos máis exitosos da historia do teatro galego, por crítica e número de espectadores.
Traballamos pensando no público, comprometidos coa promoción do galego e a creación de estruturas estables na industria cultural.

A QUE ANDAMOS?

O concerto de Bibopalula

As cancións da serie musical en galego Bibopalula chegarán ao escenario da man de Isabel Garrido (voz), que interpretará os temas da súa banda sonora xunto a Luis Lago (piano), Graciela Carlos (batería) e Pedro Placer (guitarra), nun concerto pensado para gozar en familia.

Máis información

Moi Animal

O novo monólogo de Xosé A. Touriñán, xa está en marcha! Un espectáculo que parte da nosa relación cos animais para construír, desde o humor, unha mirada sobre as contradicións da especie humana. Unha nova viaxe de Touriñán que chegará aos escenarios galegos a partir do mes de outubro.

Consulta as datas da xira!

Territorio Regueifa

A palabra improvisada continúa nas táboas para contar a historia da regueifa, reivindicar o seu presente e xogar co público a golpe de verso, humor e música. Lupe Blanco, Josinho da Teixeira e Manolo Maseda comparten escenario nun espectáculo que recupera a tradición oral galega.

Máis información

EN XIRA

Monólogo de Xosé A. Touriñán

https://touri.gal

Un monólogo que viaxará por todo o Estado, no que Xosé A. Touriñán mestura humor e experiencia vital para conectar co público desde a proximidade.

Próximas datas
    • 13 Nov
    • Madrid
    • 22 Xan 2027
    • Madrid
    • 23 Xan 2027
    • Valencia
    • 27 Feb 2027
    • Santander
    • 24 Abr 2027
    • León
Mercar entradasFicha do espectáculo

Territorio Regueifa

https://territorioregueifa.gal/

Un espectáculo de teatro, humor, música e improvisación, no que dous regueifeiros e unha regueifeira introdúcennos na arte da regueifa, as súas orixes, a súa evolución, e a súa vixencia na actualidade.

Próximas datas
    • 6 Nov
    • Barakaldo
    • 8 Nov
    • Laudio
    • 19 Nov
    • Ames
Mercar entradasFicha do espectáculo

Moi Animal

https://moianimal.gal

‘Moi Animal’ é o novo monólogo de Xosé A. Touriñán. A partires de outubro, percorrerá Galicia reflexionando sobre a nosa peculiar relación co resto das especies.

Próximas datas
    • 7 Nov
    • O Grove
    • 8 Nov
    • Vigo
    • 27 Nov
    • Lugo
    • 28 Nov
    • Burela
    • 29 Nov
    • Santiago de Compostela
    • 4 Dec - 5 Dec
    • Narón
    • 7 Dec
    • Noia
    • 11 Dec - 12 Dec
    • Vilagarcía de Arousa
    • 26 Dec
    • A Coruña
Mercar entradasFicha do espectáculo

Xosé A. Touriñán

Entre as pantallas e os escenarios, sempre coa idea de conectar co público. Comezou o 2026 co percorrido estatal do seu monólogo máis persoal e continúa agora con novas funcións en Madrid e Barcelona, ao tempo que participa noutros proxectos escénicos como Mentes Peligrosas. En outubro chegará aos escenarios Moi Animal, o seu novo monólogo en solitario, co que iniciará unha nova xira.

O ÚLTIMO NO CADERNO

A actualidade sobre o noso traballo, e sobre os proxectos que temos en marcha.

Unha nova etapa para ‘Territorio Regueifa’ 

O espectáculo de Lupe Blanco, Manolo Maseda e Josinho da Teixeira ofrecerá tres funcións durante esta fin de semana en Barakaldo e Laudio. Será a primeira vez que a proposta saia de Galicia desde a súa estrea en febreiro.

Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.