Espectáculos

Producimos espectáculos de artes escénicas pensando no público.
Propostas de grande e pequeno formato, pensadas para todos os escenarios e espectadores.

EN XIRA

Lamatumbá

2024

Resistirán as nosas ganas de continuar, plantando cara á mascarada que nos venderán!
En cada verso un universo, un ruído mundanal… A cada paso hai menos peso para fuxir do chan!

Lamatumbá reinvéntase, coas ganas de sempre para facer de cada concerto a mellor festa imaxinable.
Nova imaxe, novos temas e novo directo para seguir botando leña!

PRÓXIMAS DATAS:
    • 24 Xul
    • Ribeira
    • 15 Ago
    • O Incio, Lugo

Monólogo de Xosé A. Touriñán

2026

Un monólogo que viaxará por todo o Estado, no que Xosé A. Touriñán mestura humor e experiencia vital para conectar co público desde a proximidade.

Xosé A. Touriñán

PRÓXIMAS DATAS:
    • 23 Mai
    • Oviedo
    • 23 Out
    • Barcelona
    • 27 Feb 2027
    • Santander

HISTÓRICO

Bibopalula · O espectáculo

2025

Ava é unha experta observadora de paxaros. Alegre, curiosa e aventureira, a súa paixón é o bosque e toda a vida que cada día podemos descubrir nel. Tamén lle encanta animar ás pequenas e pequenos espectadores a prestar moita atención sobre o que acontece entre as árbores…

Lidia Veiga · Cristina Andrade · Graciela Carlos · Sara Ferro · Nerea Rodríguez

PRÓXIMAS DATAS:

    O último home

    2025

    Manuel Cortés sitúanos en ‘O último home’ no final dos tempos para a raza humana. Lonxe da escuridade que suxire o tema, a poesía e a comedia artellan un espectáculo sorprendente.

    Manuel Cortés · Russ

    PRÓXIMAS DATAS:

      Corentena · Game Over

      2025

      Volve Corentena, o espectáculo máis exitoso de David Perdomo e Xosé A. Touriñán, convertido nun inédito videoxogo teatral que percorrerá Galicia e no que ti podes ser o protagonista. Apúntaste? Atréveste a xogar con nós?

      Xosé A. Touriñán · David Perdomo

      PRÓXIMAS DATAS:

        Resoando no pasado

        2024

        Abraham Cupeiro guíanos pola historia da humanidade a través da súa colección de instrumentos milenarios.

        Abraham Cupeiro

        PRÓXIMAS DATAS:
          Cartel promocional de 'Carbón'

          Carbón

          2022

          Charla de divulgación científica, lixeiramente teatralizada, chea de humor para transmitir a todo tipo de público algúns conceptos científicos e humanísticos, de forma atractiva, relaxada e divertida.

          Xurxo Mariño · Oswaldo Digón

          Cartel promocional do espectáculo 'Unha noite na praia'

          Unha noite na praia

          2019

          Nesta comedia dous tipos coinciden ao solpor nunha praia fronte ao mar. Son Klaus e Manuel, un sueco e un galego, que se parecen o mesmo que o restaurante do Ikea a un Furancho da aldea.

          Carlos Blanco · Xosé A. Touriñán

          Cartel promocional de 'Elemental'

          Elemental

          2019

          Neste pequeno cabaré mestúrase a música do piano con cancións e comedia para contar as historias agochadas detrás dos actuais 118 elementos da Táboa Periódica.

          Manuel Vicente · César Goldi · Juanjo Fernández

          Cartel promocional da obra 'O montacargas'

          O montacargas

          2019

          Ben e Gus son dous asasinos a soldo pechados nun cuarto á espera de misteriosas ordes da organización. Esta comedia é unha adaptación da obra The dumb waiter, de Harold Pinter.

          Federico Pérez · Santi Romay

          Cartel promocional de 'A culpa é do sistema' de Fede Pérez e Pepo Suevos

          A culpa é do sistema

          2018

          O público marca desde as súas butacas os temas que Federico Pérez e Pepo Suevos tratan no escenario, provocando improvisadas críticas sobre acontecementos da actualidade.

          Federico Pérez · Pepo Suevos

          Cartel promocional do espectáculo 'Coleccionistas'

          Coleccionistas: a arte feita comedia

          2018

          Unha comedia didáctica, unha clase de arte chea de humor, unha función participativa e unha auténtica homenaxe á improvisación.

          Marcos Pereiro · Oswaldo Digón · Santi Romay

          Cartel promocional de 'Agora en serio', peza coa que Xosé A. Touriñán e Marcos Pereiro celebran o seu quince aniversario como dúo cómico

          Agora en serio

          2017

          Xosé A. Touriñán e Marcos Pereiro celebran o seu quince aniversario como dúo cómico e unha traxectoria de creación de personaxes que entraron no imaxinario colectivo de todo un país.

          Xosé A. Touriñán · Marcos Pereiro

          Cartel promocional do monólogo 'Manolo Lojo' de Touriñán

          Manolo Lojo

          2008

          Manolo Lojo só ten claro que quere suicidarse. Este é o argumento arredor do que o protagonista conta os pormenores da súa vida. Unha historia que acabou sendo un relato de superación.

          Xosé A. Touriñán

          Portada » Espectáculos
          Axustes de cookies

          As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.