Cartel promocional do espectáculo 'Unha noite na praia'
Cartel promocional do espectáculo 'Unha noite na praia'

Unha noite na praia

Carlos Blanco · Xosé A. Touriñán

SINOPSE

Unha comedia de dúas personaxes. Dous tipos moi distintos que coinciden ao solpor nunha praia fronte ao mar. Son Klaus e Manuel, un sueco e un galego, que se parecen o mesmo que o restaurante do Ikea a un Furancho da aldea.

Na praia non queda ninguén. Só Manuel, que traballa no “chiringuito”, e Klaus, un turista que non quere levantar o cu da derradeira hamaca que queda por recoller. Así arranca o conflito destes dous tipos: un quere marchar para a casa durmir e o outro quere que lle poñan a última cervexa e un ombreiro para chorar as súas penas polo seu corazón roto.

Estreado en Vilalba no 2019

EQUIPO

  • Elenco
    Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán
  • Dirección e dramaturxia
    Javier Veiga

FOTOS

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Espectáculos » Unha noite na praia