Portada » Espectáculos »

Somos Criminais
SINOPSE
Neste espectáculo cómico a través de sketches, os humoristas formulan diversas preguntas: Temos unha cultura criminal propia? Delinquimos como galegos? Para responder a estas preguntas, Carlos Blanco e Touriñán analizan e dramatizan crimes autóctonos en todas as súas variables. Desde o crime por arroutada ata o crime por acumulación de mala hostia, pasando polo crime familiar por causa das herdanzas, o asasinato por suxestión ou as orixes do narcotraficante galego. A conclusión é clara: somos criminais.
Estreado na Illa de Arousa no 2018
EQUIPO
- Elenco
Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán - Dirección
Tito Asorey - Texto
José L. Prieto - Son e iluminación
Dani Juncal e Breixo Garrido - Escenografía
Carlos Alonso - Vestiario
Fabulare - Produción
Javi Lopa e Paco Abelleira - Tema orixinal
‘Somos Criminais’ de Zënzar
















