Portada » Espectáculos »

Resoando no pasado
SINOPSE
‘Resoando no pasado’ é unha viaxe pola historia da humanidade a través dos instrumentos. Abraham Cupeiro guíanos neste percorrido botando man da súa enorme colección de instrumentos milenarios.
Faino con moito humor e a pedagoxía de quen coñece os instrumentos de arriba a abaixo. E é que Abraham Cupeiro constuíu el mesmo algúns como o Karnix ou o Cornu, reconstruído a partir duns planos atopados en Pompeia.
‘Resoando no pasado’ non é un concerto nin tampouco un monólogo, mais combinando elementos do músico e o contador de historias crea un espectáculo fascinante no que descubrir un pouco máis do ser humano por medio das músicas creadas ao longo dos anos.
EQUIPO
- Textos
Abraham Cupeiro - Músicas
Abraham Cupeiro - Produción executiva
Xosé A. Touriñán e Abraham Cupeiro - Dirección de produción
Laura Canto - Xefe de produción
Carlos Abal - Produción en xira
Laura Sixto - Deseño e contidos
Saúl Rivas - Promoción
Sofía García - Comunicación
Borja Casal - Fotografía
Aigi Boga e Víctor Formoselle - Administración
Elisa Martínez - Iluminación e son
Gonzalo Porteiro e Iván Calvo
FOTOS
NOTICIAS RELACIONADAS
HISTÓRICO DE ACTUACIÓNS
| Data | Localidade | Lugar |
|---|---|---|
| 17 Feb 2024 | A Coruña | Auditorio Sede Afundación |
| 27 Xan 2024 | Vigo | Auditorio Afundación |









