Portada » Espectáculos »

Comicamente
Lucía Veiga · Xosé A. Touriñán · Carlos Blanco · Luis Piedrahita · David Amor · Pepo Suevos · Marita Martínez · David Perdomo · Ledicia Sola · Oswaldo Digón · Carmen Méndez · Celso Sanmartín · Marta Doviro · Russ · Toccororo
SINOPSE
No verán de 2021, coa recuperación da normalidade máis preto, pero con todas as incertezas aínda presentes, as produtoras de espectáculos de comedia galegas Condetrespés, Ainé e Etiqueta Negra uníronse nun proxecto inédito: Comicamente.
As mellores cómicas e cómicos de Galicia xuntos para levar o bo humor por todo o país. Había moito que rir logo dun ano tan complicado!
Se hai algo que se contaxia dun xeito máis rápido e moito máis doado que a COVID-19 é a risa. Son ben coñecidos desde hai tempo os seus efectos terapéuticos: reduce o estrés, favorece a dixestión e incrementa a produción de anticorpos dun xeito totalmente natural.
Comicamente foi parte dunha oferta cultural que axudara a galegas e galegos a mellorar a súa calidade de vida a través do humor.
FOTOS
VÍDEOS
NOTICIAS RELACIONADAS
HISTÓRICO DE ACTUACIÓNS
| Data | Localidade | Lugar |
|---|---|---|
| 30 Dec 2021 | Vigo | Explanada da ETEA |
| 12 Set 2021 | Lalín | Campo da feira |
| 10 Set 2021 | Pontevedra | Explanada do Recinto Feiral |
| 5 Set 2021 | Ourense | Auditorio Municipal |
| 3 Set 2021 | Lugo | Paseo fluvial |
| 29 Ago 2021 | Santiago de Compostela | Cidade da Cultura |
| 28 Ago 2021 | A Coruña | Parque de Bens |
| 27 Ago 2021 | Nigrán | Campo de fútbol Monte Lourido |
| 22 Ago 2021 | Ferrol | Praza de Armas |
| 20 Ago 2021 | Mondoñedo | Alameda dos Remedios |
| 13 Ago 2021 | Sanxenxo | Praza Fonte de Ramos |
| 7 Ago 2021 | Vilagarcía | Auditorio Municipal |
| 31 Xul 2021 | O Carballiño | Campo das Barcias |






















