A dj Russ nunha actuación

Russ

Russ é o nome artístico de Marta Gilino, dj consolidada no mundo da música e recoñecida axitadora da escena electrónica galega. A súa proposta electrónica conta con múltiples influencias que mesturan tradición e innovación, baixo un selo identitario común que marca a súa esencia.

Esta artista galega conta con multitude de actuacións dentro e fóra de Galicia, con especial presenza en Portugal. Así, destaca a súa participación no Caparica Surf Fest de Lisboa ou na Sala Mouco do Porto. Tamén deixa pegada na cidade que habita, Compostela, e participa en multitude de eventos: Mulleres na Batida, Wos Festival, Feito a Man, Mercado da Estrela, La Melona Fest, Delas Jam… Ademais, tamén ten participado en diferentes ciclos de espectáculos organizados pola Sala Numax ou a Xunta de Galicia, entre outros. En 2022 lanzou o seu primeiro EP ZZEN e, xa en 2023, encargouse do espazo sonoro en directo da obra de teatro Códice K.

FOTOS

Lucía Veiga en 'Códice K' e, arriba, Russ coa ambientación musical
Marita Martínez e Lucía Veiga na mesa e dj Russ no altar coa ambientación musical, na peza de teatro 'Códice k'
O elenco de 'Códice K' nunha escena de investigacións.
Graciela Carlos, Lucía Veiga e Patricia Castrillón no papel das limpadoras da Catedral en 'Códice K'
Patricia Castrillón no papel de códice, acompañada de Lucía Veiga e Graciela Carlos no papel de monxas e Marita Martínez como inspectora

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Índice » Russ
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.