
José L. Prieto
José L. Prieto (Narón, 1967) é dramaturgo, director de escena e actor.
Comeza a súa vida teatral na Escola de Teatro de Narón en 1989 e tres anos despois funda na vila Caroza Teatro xunto a outros compañeiros, sendo esta a súa primeira experiencia profesional.
Prieto é autor de máis de oitenta textos teatrais, practicamente todos representados e a maioría deles levados á escena por máis de vinte compañías profesionais de dentro e fóra de Galicia. Nos últimos anos destacan os seus traballos na dramaturxia dos espectáculos Somos Criminais, Fariña, Somos Criminais 3 e Recortes, caneos e outras formas de driblar, que acumulan xuntos case que 200.000 espectadores. Ademais da súa faceta como dramaturgo, tamén dirixiu máis de trinta espectáculos profesionais para distintas compañías.
Prieto tamén combina a súa actividade de autor e director teatral con traballos como guionista para televisión en diversos programas e series como Luar, Xabarín Club, Zapping Comando, Escoba, A Casa da Conexa ou Malo Será!.
Polo seu traballo, conseguiu diversos premios entre os que destacan o premio ao Mellor texto orixinal no certame Xuventude 95 por Sursum Corda, o Premio María Casares ao Mellor texto orixinal por Fobias e dous premios Max ao Mellor texto en lingua galega por Fobias e Monólogo do Imbécil.
FOTOS
NOTICIAS RELACIONADAS
-
‘Territorio Regueifa’: a tradición improvisada sobe ao escenario do FIOT
via taboas.gal -
‘Somos Criminais’, unha historia de éxito
via taboas.gal -
‘Go home’, o turismo invade tamén as táboas
via taboas.gal -
Un regreso para despedirse por todo o alto
via taboas.gal -
O fútbol como escusa para contar a vida
via taboas.gal -
via taboas.gal
-
‘Fariña’: a adaptación dunha adaptación
via taboas.gal -
‘Catro Gatos’, o programa de humor co que Touriñán volve ás pantallas da TVG
via undodez.gal














