Lucía Veiga (A Coruña, 1974) é actriz, humorista e presentadora de televisión.
Licenciouse en Filoloxía Hispánica pola Universidade da Coruña, traballou nunha tenda de móbiles e acabou dedicándose á interpretación. Como actriz desenvolveu a súa carreira tanto sobre as táboas como na televisión, onde participou en producións como Vivir sin permiso, Serramoura, El desorden que dejas ou Rapa, papel polo que foi finalista nos Premios Feroz e obtivo o Mestre Mateo á mellor interpretación feminina. Na pequena pantalla tamén traballou como presentadora en programas como Luar, Maloserá ou Malicia Noticias, ademais de conducir a gala dos Premios Mestre Mateo na edición de 2020.
Outra das súas facetas destacadas é a de humorista, especialmente no ámbito da improvisación, liña que desenvolve xunto a Marita Martínez no dúo Izquierdo Sisters. Nos últimos anos consolidou este camiño creativo centrado na creación escénica propia, con espectáculos como Códice K e, máis recentemente, Parasimpáticas, un proxecto de comedia improvisada que aborda, desde o humor e a retranca, cuestións relacionadas coa identidade, a cultura galega e o imaxinario colectivo.
Na actualidade é presidenta da Academia Galega do Audiovisual e acumula numerosas nominacións a recoñecementos destacados pola súa traxectoria interpretativa, entre eles os Premios Goya e os Mestre Mateo.
FOTOS
NOTICIAS RELACIONADAS
-
via taboas.gal
-
A Televisión de Galicia estrea os cinco últimos capítulos de ‘Na Gloria’
via undodez.gal -
Diferentes enfoques artísticos na Gloria
via undodez.gal -
Esta semana, eleccións na Gloria
via undodez.gal -
‘Na Gloria’ foi o máis visto no primeiro mes de AGalega
via undodez.gal -
AGalega estrea ‘Na Gloria’, a primeira serie desenvolta para a nova plataforma dixital
via undodez.gal -
‘Na Gloria’ chegará en febreiro a AGalega
via undodez.gal -
Fóra do drama #1 · Lucía Veiga
via taboas.gal -
via taboas.gal
-
via taboas.gal






















