Celso Sanmartín

Celso Fernández Sanmartín (Lalín, 1969) é poeta e contacontos.

Estudou Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela e traballou durante dez anos nunha residencia da terceira idade.

Ademais de colaborar coa Revista Grial, é autor de sete poemarios e unha decena de obras poéticas e narrativas colectivas. A súa actividade como contacontos fíxoo merecedor do Premio Rebulir da Cultura Galega no 2020 na categoría de artes escénicas, que recoñecía o seu labor de preservación e difusión da nosa tradición oral levando os contos do rural a diversos escenarios.

FOTOS

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Índice » Celso Sanmartín