Noemi Rodríguez (Allariz, 1987) é actriz, autora, directora, produtora e pedagoga, merecedora do Premio Ojo Crítico de Artes Escénicas no 2019.
Estudou na ESAD de Galicia, realizou un mestrado en Artes Escénicas na Universidade de Vigo e un posgrado na London International School of Performing Arts. Noemi Rodríguez leva traballado en países de todo o mundo como Portugal, Estados Unidos ou India, así como para diferentes institucións como o Centro Dramático Nacional, o Centro Dramático Galego, o Núcleo de Experimentação Coreográfica do Porto ou a English National Opera, así como para compañías como Blind Summit ou Improbable Theatre.
Como produtora fundou a compañía Teatro En Vilo, xunto a Andrea Jiménez, coa que gañou o Premio Ojo Crítico de Artes Escénicas. Desde esta produtora crearon diferentes obras como Interrupted, Generación Why ou Hoy puede ser mi gran noche.
Tamén ten traballado no eido audiovisual. Actuou en A Esmorga e fixo de redactora, reporteira e actriz no programa Land Rober. Ademais, na súa vertente como formadora, impartiu cursos e conferencias sobre interpretación, creación teatral, creación colectiva e movemento en lugares como Oxford.
FOTOS
NOTICIAS RELACIONADAS
-
Chega ‘Amoriños’, o espectáculo máis romántico da tempada
via taboas.gal -
‘Nena’, ‘Bechos’, ‘Fai tempo’ e ‘Amigos hasta la muerte’, finalistas nos Premios Mestre Mateo
via undodez.gal -
via taboas.gal
-
A tradición oral: semente do Castelo Conta
via taboas.gal -
‘Fai o teu’, un obradoiro para levar a escena aquilo que temos dentro
via taboas.gal -
via taboas.gal
-
via taboas.gal
-
via taboas.gal
-
Cultura, comedia e tradición ao pé do Xalo
via taboas.gal -
A Televisión de Galicia estrea Catro Gatos, un novo programa de humor para as noites dos domingos.
via undodez.gal
















