‘Catro Gatos’ chega este domingo á Televisión de Galicia

Xosé A. Touriñán, David Perdomo, Fátima Pego e Noemi Rodríguez protagonizan este formato de humor producido por Tex45 coa colaboración de Undodez.

Fátima Pego, Noemi Rodríguez, Xosé A. Touriñán e David Perdomo durante a gravación de Catro Gatos. Foto: Aigi Boga

Xosé A. Touriñán regresa ás pantallas da Televisión de Galicia con Catro Gatos, un novo programa de humor para os seráns dos domingos. Trátase dun formato que mestura a tertulia cómica cos sketchs de humor protagonizado por David Perdomo, Fátima Pego, Noemi Rodríguez e o propio Touriñán.

Os catro amigos reúnense cada episodio nun bar no que falan da vida nun ton cómico. Cada un deles recordará unha anécdota que dá paso aos sketchs, nos que os propios protagonistas interpretan diferentes personaxes. A espontaneidade prima en Catro Gatos, un programa no que o personaxe e o actor mestúranse por momentos e no que a conversa sempre agocha sorpresas.

Dirixido por Xosé A. TouriñánCatro Gatos é unha produción de Tex45 para a Televisión de Galicia en colaboración con Undodez e conta con guións de José L. Prieto, Manuel Cortés, David Perdomo e Xosé A. Touriñán e a realización de Jairo Iglesias. A súa estrea na primeira canle da Televisión de Galicia terá lugar o domingo 23 ás 20.20 horas. Podes seguir toda a súa actualidade no Instagram e no Facebook do programa.

Artigo anterior
As entradas para a Xira Galega de ‘Fariña’ xa están á venda!
Artigo seguinte
‘Fariña’ no 39º Festival de Teatro de Málaga

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Caderno » ‘Catro Gatos’ chega este domingo á Televisión de Galicia