‘Fariña’ no 39º Festival de Teatro de Málaga
O espectáculo teatral dirixido por Tito Asorey represéntase no primeiro acto do Festival Malagueño que se desenvolve desde o 7 de xaneiro ao 14 de febreiro. Con esta función, Fariña supera os 50.000 espectadores desde que comezou a xira.

O Festival de Teatro de Málaga celebra este ano a súa 39ª edición, nun formato en dous actos. Fariña forma parte da programación do primeiro acto, que se celebra desde o 7 de xaneiro ao 14 de febreiro. Este xoves, día 20 de xaneiro, o escenario do Teatro Cervantes acolle a representación do espectáculo baseado no exitoso libro de Nacho Carretero.
Esta función continúa unha xira que arrincou no mes de agosto no Teatro Jovellanos de Xixón. Durante estes seis meses, Fariña pasou por máis de 20 localidades de toda España. No mes de marzo, o espectáculo dirixido por Tito Asorey regresará a Galicia onde estará ata o mes de xuño.
A de Málaga será a primeira parada en Andalucía do espectáculo e o Cervantes o vixésimo teatro no que se representa Fariña esta temporada. O pasado 9 de xaneiro, estivo no Teatro Calderón de Valladolid onde colleitou un éxito de público que se fixo notar nas redes sociais.
50.000 espectadores e volta a Galicia
Coa función do Teatro Cervantes, o espectáculo acumula xa máis de 50.000 espectadores desde que arrincara a súa andaina. Logo de ano e medio de representacións por toda España, Fariña regresará aos teatros galegos esta primavera. O día 12 de marzo arrincará en Santiago de Compostela unha xira por toda Galicia. A Coruña, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Lugo, Ourense, Vigo, Ferrol e Cangas serán as seguintes paradas do espectáculo.
Todas as datas e a venda de entradas están dispoñibles en farina.gal ou na web de Ataquilla.
NOTICIAS RELACIONADAS
Vedra, Boqueixón, A Rúa, Portas e Triacastela, as cinco paradas do primeiro percorrido de ‘A Lacena Pequena’
A primeira parada do proxecto será en Ponte Ulla, onde a Lacena desenvolverá unha programación cultural durante os días 18 e 19 de setembro. A iniciativa continuará posteriormente por concellos de menos de 5.000 habitantes.
‘A Lacena Pequena’ comeza en Vedra a súa primeira viaxe
O proxecto itinerante impulsado por Ainé e E-ló Arquitectura levará programación cultural a pequenos núcleos de poboación e dará a coñecer mañá en Ponte Ulla as cinco paradas do seu primeiro percorrido.
‘Aquí Tou!’ regresa ás táboas cunha función especial da man de Touriñán
O monólogo máis persoal do humorista volverá ao Porriño o 26 de setembro cunha función que ten como obxectivo apoiar á Rondalla que participou na película Rondallas.


