Traballamos coas grandes cómicas e cómicos deste país.
Os nomes que desde hai décadas levan os mellores monólogos polos escenarios de todos os lugares de Galicia.
Monologuistas









Federico Pérez
Actor, guionista e monologuista, Federico Pérez é un dos rostros máis coñecidos da televisión galega participando nalgunhas das series máis icónicas como Padre Casares ou Mareas Vivas. A súa presenza en filmes e series aportoulle diferentes premios e ver unha faceta máis dramática, mais a comedia segue a ser a súa principal arma.


Marcos Pereiro
Actor e humorista cunha ampla traxectoria na comedia galega, consolidouse como un dos intérpretes máis queridos polo público grazas a personaxes como Nucha, das ‘Cantareiras de Ardebullo’, e ao seu traballo xunto a Xosé A. Touriñán en ‘Os dous de sempre’. Cun estilo baseado na creación de personaxes e no humor de observación, combina a súa presenza no audiovisual coa súa experiencia sobre os escenarios.