Desde os escenarios e para o público

Ainé é unha das produtoras de artes escénicas máis relevantes de Galicia. Levamos aos escenarios os espectáculos máis exitosos da historia do teatro galego, por crítica e número de espectadores.
Traballamos pensando no público, comprometidos coa promoción do galego e a creación de estruturas estables na industria cultural.

A QUE ANDAMOS?

Amoriños

Despois de petar auditorios con Corentena e Corentena · Game Over, Perdomo e Touriñán volven coa súa parella máis perigosa: o amor.

Un espectáculo de citas tolas, paixóns imposibles e personaxes que non deberían xuntarse… pero xúntanse igual. Un First Dates á galega, humor salvaxe e moito corazón.

Merca as entradas!

Bibopalula · O Espectáculo

Ava é unha experta observadora de paxaros. Alegre, curiosa e aventureira, a súa paixón é o bosque e toda a vida que cada día podemos descubrir nel. Tamén lle encanta animar ás pequenas e pequenos espectadores a prestar moita atención sobre o que acontece entre as árbores…

A Banda do Bosque recibe de parte do Señor Moucho a misión de atopar un misterioso tesouro. Robin, Carpin, Pegui e Merli enfróntanse durante a busca a distintos atrancos, pero tamén a momentos emocionantes ao redor de todo o que ofrece a natureza no bosque, os cambios meteorolóxicos, ou o día e a noite.

EN XIRA

Amoriños

https://amorinos.info/

Un espectáculo de citas tolas, paixóns imposibles e personaxes que non deberían xuntarse… pero xúntanse igual. 

Próximas datas
    • 14 Mar
    • Vilagarcía
    • 15 Mar
    • Santiago
    • 10 Abr
    • Ponteareas
    • 18 Abr
    • Lugo
    • 1 Mai
    • Vilalba
    • 8 Mai
    • Cee
    • 9 Mai
    • Vigo
    • 16 Mai
    • Narón
    • 22 Mai
    • Ourense
    • 30 Mai
    • Pontevedra
    • 6 Xuñ
    • A Coruña
Mercar entradasFicha do espectáculo

VIDEOTECA

Descubre todos os contidos audiovisuais dos nosos proxectos e espectáculos.

Xosé A. Touriñán

Entre as pantallas e os escenarios, sempre coa idea de conectar co público. Durante este outono, percorrerá o país co seu monólogo máis persoal, Aquí Tou! e co novo espectáculo Amoriños.

O ÚLTIMO NO CADERNO

A actualidade sobre o noso traballo, e sobre os proxectos que temos en marcha.