Política de calidade e medio ambiente

Ainé é unha empresa dedicada á creación, produción e explotación de espectáculos de artes escénicas, así como á xestión cultural.

Achegamos propostas cun alto nivel de calidade técnica e creativa, e desenvolvemos os nosos proxectos pensando en chegar ao público da mellor forma e co mellor dos resultados, buscando tamén o maior rendemento para o caso dos servizos que prestamos a empresas e institucións.

A mellora constante e o compromiso coa sostibilidade ambiental son dous dos principios que marcan o noso traballo.

Ainé establece esta Política Integrada de Calidade e de Medio Ambiente, co compromiso de implantar e cumprir cun Sistema de Xestión da Calidade e do Medio Ambiente acorde coas normas UNE-EN ISO 9001:2015 e UNE-EN-ISO 14001:2015 nas actividades que desenvolvemos:

  • Mantendo un contacto constante co público e cos nosos clientes, para así detectar e comentar todos aqueles aspectos que sirvan de base para a mellora continua do noso traballo. A atención de todas estas suxerencias permítenos achegar as solucións máis axeitadas a través dos procesos tecnolóxicos que temos implementados, respectuosos co entorno.
  • Promovendo de forma constante a satisfacción do público e dos nosos clientes a través do cumprimento de todos os requisitos que dispoñen as normas e regulamentos de servizos e ambientais, tanto de clientes, como de organismos oficiais.
  • Cumprindo a lexislación e a regulamentación aplicable ao noso sector en materia medioambiental, así como comprometéndonos a cumprir acordos voluntarios nesta materia, ou calquera outro requisito que nos esixan os nosos clientes.
  • Integrando a prevención e redución da contaminación producida polas nosas actividades, como son a contaminación atmosférica, o ruído ou a produción de resíduos, como parte do noso traballo diario, mediante a optimización do consumo de recursos naturais.
  • Establecendo a través de programas de formación permanentes un alto nivel de profesionalidade do noso persoal, mellorando a súa cualificación.
  • Mellorando constantemente na xestión da empresa a través da proposta e seguimento de obxectivos e metas, establecendo un grao de colaboración de todas as persoas que formamos parte dela para a súa consecución.
  • Resolvendo dun xeito áxil calquera incidencia ou reclamación, xa sexa interna ou externa, garantindo que para o caso dos nosos clientes sexa atendida coa maior rapidez e eficacia.
  • Promovendo a Xestión da Calidade e do Medio Ambiente e a mellora contínua entre todo o persoal, en todos os niveis e en todos os procesos da empresa.

Esta Política é atendida e asumida por todas e todos, e a dirección da empresa asume o seu papel á hora de liderar o cumprimento de todas as directrices descritas. Ademais, está a disposición de calquera persoa que a desexe consultar.

Ainé agradece a colaboración de todo o persoal da empresa para contribuir xuntos, na medida das posibilidades, á consecución dos obxectivos que recollemos nesta Política.

Portada » Política de calidade e medio ambiente