Dedicámonos á cultura en Galicia desde hai case unha década.
Hai tempo que entendemos o importante de facer as cousas ben para poder dedicarnos a isto.
Quen somos
Ainé é unha produtora de espectáculos de artes escénicas. Nacemos no ano 2015. Foi cousa do actor Xosé A. Touriñán e os produtores Javi Lopa e Álvaro Pérez Becerra. Ao longo destes anos consolidamos un xeito de facer dentro da industria, que ten moito que ver con saber ben para quen traballamos.
Témolo moi claro: da cultura temos dereito a participar todas e todos. Así que nós, que participamos dunha das partes máis interesantes, a da creación, temos a responsabilidade de facer espectáculos pensados para que a xente queira ir velos. E sobre todo, que os desfrute.

A que nos dedicamos
Producimos espectáculos. Moitos deles, de comedia. Algúns ao grande. Outros son monólogos. E ao mesmo tempo, participamos de proxectos que nos gustan e nos interesan, como o festival Castelo Conta. Por toda a experiencia acumulada, tamén ofrecemos servizos de produción a outras empresas do sector cultural, e xestionamos todo tipo de proxectos e programacións, culturais e artísticas.
Tamén nos encargamos da representación en Galicia de Xosé A. Touriñán, un dos nomes máis relevantes do audiovisual e o teatro neste país.

Como o facemos
A lingua
A cultura, en Galicia, é en galego. E de aí non nos baixamos. Dentro do noso país só traballamos no noso idioma.
O público
Ao redor do que lle interesa ás espectadoras e espectadores xira todo o noso traballo.
A igualdade
Ata hoxe nunca precisamos de cotas, pero máis do 65% do noso equipo son mulleres.
O emprego
Revelámonos diante das estruturas febles na industria cultural. Do talento das persoas depende que as empresas medren.
A innovación
Traballamos constantemente en proxectos de incorporación da I+D+i ao sector cultural, co apoio de distintas administracións.
O país
Procuramos atender a demanda de todo o territorio. Cada semana percorremos centos de quilómetros, e pagamos as peaxes abusivas da AP-9.
A sostibilidade
Non empregamos papel na oficina, e traballamos nestes meses para implantar a ISO 14001, de sistemas de xestión ambiental.
Os amigos
Gústanos traballar con amigas e amigos. Ás veces non poñemos o prezo ata que o traballo está rematado, e polo momento nunca saiu mal.
O de desfrutalo
Non hai obxectivo mellor que o de traballar e pasalo ben mentres se traballa. Aquí pasa case sempre.
EQUIPO
Asumimos o reto de crear unha estrutura de traballo estable nun sector pouco afeito a apostar polo emprego fóra dos proxectos concretos e puntuáis. Sen buscalo, somos máis mulleres que homes, e máis novos que vellos.

Javi Lopa
Produtor. Director de produción nos nosos proxectos de audiovisual e artes escénicas.

Elisa Martínez
Entre a organización do equipo e a oficina, e a xestión administrativa e contable da empresa.

Sofía García
Xestión e seguimento de convocatorias de axudas públicas e apoio ao traballo administrativo.

Laura Canto
Directora de produción de proxectos propios: organización e control económico das nosas producións.

Carlos Abal
Distribución e contratación dos nosos artistas e espectáculos, e parte do equipo de produción.

Laura Sixto
No traballo de produción dos nosos espectáculos e proxectos, e percorrendo Galicia con Touri.

Laura Mahía
Deseñadora gráfica e directora de arte. Ao cargo da imaxe de cada un dos proxectos que lanzamos.
Queres traballar con nós?
Con moita frecuencia publicamos na nosa web ofertas de emprego para proxectos propios ou para ampliar o noso equipo.