PRÓXIMAS DATAS:

    Amoriños

    https://amorinos.info/

    Xosé A. Touriñán · David Perdomo

    PRÓXIMAS DATAS:

      SINOPSE

      Despois de petar auditorios con Corentena e Corentena · Game Over, Perdomo e Touriñán regresan aos escenarios coa súa parella máis perigosa: o amor. En Amoriños, os dous intérpretes mergúllanse no territorio máis imprevisible das relacións humanas para poñer enriba da mesa citas imposibles, paixóns desatadas e personaxes que, por lóxica, nunca deberían atoparse… pero acaban facéndoo igualmente.

      O espectáculo constrúese como un First Dates á galega, no que o humor salvaxe convive coa emoción e coa improvisación. En cada encontro aparecen as contradicións, as expectativas, os medos e os desexos que atravesan o amor en todas as súas formas: o romántico, o ridículo, o incómodo, o que doe e o que fai rir de nós mesmos.

      Fieles ao seu estilo, Perdomo e Touriñán xogan coa complicidade do público, facendo de cada función unha experiencia viva e distinta, onde a risa funciona como punto de encontro e o corazón aparece cando menos se espera. Amoriños é unha comedia sobre quererse como se pode, unha celebración do absurdo das relacións humanas con personaxes de todo tipo, na que o humor serve tamén para falar, sen filtros, da emoción máis recoñecible e universal.

      EQUIPO

      • Texto orixinal e dirección
        Xosé A. Touriñán e David Perdomo
      • Asesoramento de dirección
        Noemí Rodríguez
      • Elenco
        Xosé A. Touriñán e David Perdomo
      • Deseño de iluminación
        Gonzalo Porteiro
      • Técnica en xira
        Gonzalo Porteiro, Iván Álvarez
      • Produción executiva
        Xosé A. Touriñán, Álvaro Pérez Becerra e Javi Lopa
      • Dirección de produción
        Laura Canto
      • Produción en xira
        Miguel Vázquez e Alba Gilda
      • Fotografía
        Aigi Boga
      • Vídeo 
        Einibó
      • Deseño Gráfico
        Noa Fernández
      • Comunicación
        Ana Mariño
      • Páxina web
        Pilar Mera
      • Equipo Ainé
        Elisa Martínez, Icía López, Pablo Goirigolzarri

      DOCUMENTACIÓN

      FOTOS

      VÍDEOS

      NOTICIAS RELACIONADAS

      HISTÓRICO DE ACTUACIÓNS

      Data Localidade Lugar
      5 Xuñ - 7 Xuñ A Coruña Teatro Colón
      30 Mai - 31 Mai Pontevedra Auditorio Sede Afundación
      22 Mai Ourense Auditorio Municipal
      16 Mai Narón Padroado da Cultura
      9 Mai - 10 Mai Vigo Teatro Afundación
      8 Mai Cee Casa da Cultura
      1 Mai Vilalba Auditorio Municipal Carmen Estévez
      30 Abr Ribadeo Auditorio Municipal Hernán Naval
      18 Abr Lugo Auditorio Fuxan os Ventos
      17 Abr Verín Auditorio de Verín
      10 Abr Ponteareas Auditorio Municipal Reveriano Soutullo
      15 Mar Santiago Auditorio de Galicia
      14 Mar Vilagarcía Auditorio Municipal
      27 Dec - 28 Dec 2025 A Coruña Palexco
      14 Dec 2025 Santiago de Compostela Auditorio de Galicia
      12 Dec - 13 Dec 2025 Vilagarcía de Arousa Auditorio Municipal
      23 Nov 2025 Vigo Teatro Afundación
      21 Nov 2025 Noia Liceo de Noia
      Portada » Espectáculos » Amoriños
      Axustes de cookies

      As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.