Touriñán chega hoxe a Vilalba con ‘Moi Animal’

A xira de 'Moi Animal', o novo monólogo de Xosé A. Touriñán, continúa hoxe en Vilalba. O Auditorio Municipal Carmen Estévez acollerá dúas funcións, ás 20.30 e ás 23.00 h, dentro dun percorrido que se estenderá ata decembro.

Estrea de 'Moi Animal' en Cee. Fotografía: Aigi Boga

Xosé A. Touriñán continúa a xira de Moi Animal e chega hoxe, venres 23 de outubro, a Vilalba cunha dobre función no Auditorio Municipal Carmen Estévez. O espectáculo poderá verse ás 20.30 e ás 23.00 h, aínda que só quedan entradas dispoñibles para o segundo pase.

A xira comezou a semana pasada en Cee, con dúas funcións que colgaron o cartel de completo, e continuou en Pontevedra, onde se celebraron catro funcións entre o sábado e o domingo. Un inicio que nos deixa máis que agradecidos e agradecidas pola resposta do público e que marca o comezo dun percorrido que levará o espectáculo por Galicia ata finais de decembro.

En Moi Animal, o humorista utiliza estas situacións cotiás para construír unha mirada cómica sobre os costumes e comportamentos humanos. Da aldea aos animais de compañía, dos lobos aos vexetarianos, o espectáculo percorre distintas maneiras de entender o mundo animal para acabar poñendo o foco en nós mesmos.

Despois de cinco anos percorrendo os escenarios con Aquí Tou!, Touriñán presentou a semana pasada este novo monólogo que parte dunha pregunta aparentemente sinxela: que relación mantemos co resto das especies?

O texto está asinado por Xosé A. Touriñán, José L. Prieto e JJ Vaquero, nunha proposta que combina humor, retranca e observación social.

As entradas para a función das 23.00 h están dispoñibles a través de moianimal.gal, onde tamén se pode consultar a información sobre as próximas datas da xira.

Entrada anterior
‘A Lacena Pequena’ chega a Portas cunha xornada adicada aos oficios, a poesía e a música

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Caderno » Touriñán chega hoxe a Vilalba con ‘Moi Animal’
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.