A xira de ‘Moi Animal’ continúa colgando o cartel de esgotado

Despois das primeiras datas en Cee, Pontevedra e Vilalba, ‘Moi Animal’ continúa o seu percorrido cunha grande acollida do público. Este venres chega a Ourense, onde as entradas para as dúas funcións previstas están esgotadas, igual que acontece con varias das próximas paradas.

Xosé A. Touriñán na estrea de 'Moi Animal' en Cee. Fotografía: Aigi Boga

A xira de Moi Animal, o novo monólogo de Xosé A. Touriñán, continúa este venres 30 de outubro en Ourense, onde o Auditorio Municipal acollerá dúas funcións, ás 20.30 e ás 23.00 h. As entradas para ambos os pases están esgotadas, unha resposta que confirma o interese que está a espertar o espectáculo nas diferentes localidades polas que pasa.

Desde o comezo do percorrido, a acollida do público está a marcar o ritmo da xira. Tras a estrea en Cee e as funcións en Pontevedra e Vilalba, o monólogo chega agora a Ourense co aforo completo nos dous pases. Unha resposta que agradecemos especialmente e que acompaña o inicio desta nova etapa escénica de Touriñán.

A demanda continúa tamén nas próximas datas. O Grove, o 7 de novembro, e Vigo, o día 8, xa teñen as localidades esgotadas. En Lugo, o 27 de novembro, Burela, o día 28, e Santiago o 29, quedan as últimas entradas dispoñibles. O percorrido continuará en decembro por Noia e Vilagarcía de Arousa, antes de chegar á Coruña, cidade na que Moi Animal pechará esta primeira xira os días 26 e 27.

A proposta parte dunha pregunta aparentemente sinxela: que relación mantemos os seres humanos co resto dos animais? En Moi Animal, Touriñán percorre, desde o humor, os costumes e as contradicións dunha especie que protexe, humaniza e converte os animais en parte da súa familia, pero que tamén mantén con eles relacións cheas de paradoxas.

A xira de Moi Animal continuará por Galicia ata finais de decembro. Toda a información sobre as datas e as entradas dispoñibles está en moianimal.gal.

Entrada anterior
‘A Lacena Pequena’ remata en Boqueixón o seu primeiro percorrido

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Caderno » A xira de ‘Moi Animal’ continúa colgando o cartel de esgotado
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.