‘A Rabia’ entra no catálogo New Spanish Shorts do ICAA
A curta dirixida por Alberto Díaz conta con Xosé A. Touriñán entre os seus protagonistas. O 6 de febreiro proxectarase dentro mercado do festival internacional de Clermont-Ferrand, un dos máis importantes de Europa.

A Rabia, dirixida por Alberto Díaz e con Xosé A. Touriñán entre os seus protagonistas, foi incluída no catálogo New Spanish Shorts de 2022 editado polo ICAA para promocionar as mellores curtametraxes do ano. A curtametraxe filmouse o pasado verán no Courel e conta tamén no seu reparto con Antonio Durán “Morris” e María Vázquez.
A historia achéganos ao universo de Filomena, a bisavoa do director, nunha aldea luguesa do século XIX e os “terribles acontecementos” que lle tocou vivir. Unha historia que chegou a oídos de Alberto Díaz en conversas familiares e que decidiu levar á pantalla. Para recrear a atmosfera, o cineasta recorreu ás fotografías que Ruth Matilda Anderson fixo a algunhas das localizacións do filme hai máis de 100 anos.
O 1 de febreiro a curta proxectarase no mercado profesional do Festival Internacional de Clermont-Ferrand xunto con outras 6 seleccionadas polo ICAA. Este mercado ten como finalidade mostrar os mellores traballos do ano a distribuidores e programadores de todo o mundo. España é o país convidado deste ano no festival francés, unha referencia internacional na exhibición de curtametraxes.
Gran acollida do regreso de Touriñán á TVG
Esta semana emitiuse o primeiro episodio de Catro Gatos na Televisión de Galicia, o novo programa de humor da cadea, con moi bos datos de audiencia. Máis de 103.000 persoas viron en directo o primeiro capítulo o domingo á tarde, sendo o programa máis visto na súa franxa en Galicia.
Touriñán, Fátima Pego, David Perdomo e Noemi Rodríguez volven este domingo con máis conversa e sketchs, nesta ocasión, centrada nos deportes. Podedes seguir todas as novidades de Catro Gatos no seu Facebook e Instagram, onde os protagonistas tamén quedaron para comentar na previa o primeiro episodio.

NOTICIAS RELACIONADAS
Touriñán celebra o día dos namorados cunha función do seu monólogo en Madrid
Este sábado, Xosé A. Touriñán regresa ao Teatro Arlequín de Madrid cunha nova función do seu monólogo, dentro dunha xira estatal que percorrerá distintas cidades máis alá das nosas fronteiras.
Monólogo de Xosé A. Touriñán
Un monólogo que viaxará por todo o Estado, no que Xosé A. Touriñán mestura humor e experiencia vital para conectar co público desde a proximidade.
‘Territorio Regueifa’ presentouse onte en Carballo como un soño que chega ao escenario
A estrea absoluta de ‘Territorio Regueifa’, este venres 6 de febreiro no Pazo da Cultura de Carballo, foi presentada nunha rolda de prensa que puxo o foco na importancia de levar a regueifa ao teatro e de reivindicala como arte viva.


