Xa está en liña o primeiro número de ‘Táboas’
Presentamos o primeiro número da revista Táboas, na que imos dando conta dos nosos traballos e do que está por vir. Coa mirada dende as táboas ao público e coa colaboración de amigos e compañeiras.

No pasado mes fixemos a presentación do primeiro número de Táboas no Culturgal. Unha tirada limitada nunha edición moi coidada que levamos tamén a Mercartes, a feira de artes escénicas máis importante da Península. Poñémola agora para a súa consulta en liña e libre descarga na nosa web.
Facer unha revista é algo no que levabamos tempo pensando, unha forma de poder contar desde varias voces o noso día a día dende as táboas, con calma e coidando a presentación. Pretendemos que esta revista sirva non só para dar a coñecer os nosos traballos senón tamén para establecer un diálogo continuado no tempo cos profesionais das artes escénicas e co público.
Este primeiro número conta con colaboracións de Nacho Carretero, Tito Asorey e José L. Prieto, ademais dunha extensa entrevista con Xosé A. Touriñán. Avanzamos en exclusiva algunha das obras que poñeremos en marcha nesta primeira parte do 2022 xunto cos seus protagonistas. Tamén botamos a vista atrás para ver todo o camiño que percorreu Fariña e o que lle queda por percorrer.
Podes ler este primeiro número aquí. Agardamos que desfrutes tanto léndoa como nós facéndoa.
NOTICIAS RELACIONADAS
Ainé súmase á WordCamp Galicia 2026 como patrocinadora bronce
A produtora súmase á WordCamp Galicia, que se celebrará na Coruña do 16 ao 18 de outubro. Unha colaboración vinculada ao uso de WordPress nas webs de Ainé e os seus espectáculos.
Touriñán comeza a xira de ‘Moi Animal’ este venres en Cee
Cee esgota as entradas para o debut do espectáculo e Pontevedra fai o propio coa función do sábado. Para o domingo quedan as últimas localidades dispoñibles.
Ainé estrea unha aplicación móbil para achegar a súa actividade ao público
A ferramenta reúne nun mesmo espazo a programación de espectáculos, as opcións de compra de entradas, as últimas noticias e os contidos audiovisuais da produtora. Está dispoñible de balde para dispositivos iOS e Android.


