‘Fariña’ arrinca en Xixón unha nova xira que a levará por toda a Península
Pasará por nove comunidades e máis de trinta localidades.
Marta Lado, Oswaldo Digón e Graciela Carlos incorpóranse ao elenco da obra.

A nova xira de Fariña arrinca hoxe en Xixón, no Teatro Jovellanos. Esta noite ás 20:30 terá lugar a estrea e ata o domingo 15 o público poderá desfrutar de seis pases. A obra comeza unha nova etapa logo de acumular máis de 46.000 expectadores nas súas estancias en Madrid e Barcelona e a xira inicial en Galicia.
A comunidade de Madrid, Navarra, Castela e León, o País Vasco, Girona, Murcia, Andalucía e Asturias serán algunhas das paradas desta nova etapa da viaxe de Fariña.
Aínda quedan algunhas entradas para os pases de Xixón, están dispoñibles na páxina web de Fariña, o espectáculo teatral.

Novos intérpretes nesta nova etapa da viaxe
A gran novidade desta xira son as incorporacións de Marta Lado, Oswaldo Digón e Graciela Carlos ao elenco da obra. Súmanse así a César Goldi, que se incorporou nas funcións de Barcelona, Sergio Zearreta, Melania Cruz, Borja Fernández e Xosé A. Touriñán.
Tito Asorey recordaba o gran éxito de público da obra dende a súa estrea en Santiago de Compostela. No espírito da obra está achegar o público ao teatro sen deixar por iso de lado a conexión coa realidade da obra e a excelencia artística. Fariña aspira a seguir enchendo os teatros y levando este relato nosa historia recente por toda a Península.
NOTICIAS RELACIONADAS
Touriñán comeza a xira de ‘Moi Animal’ este venres en Cee
Cee esgota as entradas para o debut do espectáculo e Pontevedra fai o propio coa función do sábado. Para o domingo quedan as últimas localidades dispoñibles.
Ainé estrea unha aplicación móbil para achegar a súa actividade ao público
A ferramenta reúne nun mesmo espazo a programación de espectáculos, as opcións de compra de entradas, as últimas noticias e os contidos audiovisuais da produtora. Está dispoñible de balde para dispositivos iOS e Android.
‘A Lacena Pequena’ chega a Triacastela cunha programación arredor do patrimonio e a natureza
A programación inclúe unha exposición de Ana Carballo, unha conferencia do antropólogo Rafael Quintía, unha degustación de produtos locais e actuacións de danza e música tradicional.


