Sanxenxo acolle a primeira actuación de Touriñán en ‘Comicamente’
Xosé A. Touriñán, David Perdomo e Marita Martínez estarán o venres 13 na praza Fonte de Ramos
É a primeira actuación de Touriñán dentro do ciclo, logo do adiamento da cita de Vigo por mor da chuvia

A función de Comicamente en Sanxenxo contará coa participación de Xosé A. Touriñán. Estará acompañado por David Perdomo e Marita Martínez, nun recinto ao aire libre instalado na praza Fonte de Ramos o venres 13 de agosto. O espectáculo dará comezo a partir das 21:30 horas.
O actor e cómico cullerdense estrearase así no ciclo logo de que a actuación prevista para Vigo tivera que suspenderse a causa do mal tempo. Ademais de en Sanxenxo e Vigo, Touriñán estará tamén nos espectáculos de Mondoñedo, Ferrol, Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Pontevedra, Ourense e Lalín.
Aínda quedan entradas dispoñibles en comicamente.gal e na web de Ataquilla.
O bo humor viaxa por Galicia este verán.
Comicamente é un ciclo de espectáculos de comedia ao aire libre impulsado por Ainé, Condetrespés e Etiqueta Negra. Nace co obxectivo de espallar a risa e recuperar a programación de espectáculos, contribuíndo así á recuperación do sector. O ciclo conta co patrocinio da Xunta de Galicia e está incluído na programación do Xacobeo 21-22 para a promoción cultural. Ademais deste apoio do goberno galego, o proxecto conta co patrocinio de Estrella Galicia, Deleite e Gadis.
Podedes seguir toda a información de Comicamente nas súas redes sociais: Facebook, Twitter e Instagram. Todas as datas da xira están dispoñibles en comicamente.gal.
NOTICIAS RELACIONADAS
Lamatumbá, finalista nos XIII Premios Martín Códax da Música
A banda ourensá opta ao galardón na categoría de Orquestras, Grupos e Música de Verbena, reafirmando o seu lugar como un dos grandes referentes da festa e da música popular galega.
‘Amoriños’ chega a Cee e Vigo con cheos absolutos e suma novas funcións en Pontevedra e A Coruña
A xira de ‘Amoriños’, continúa esta fin de semana en Cee e Vigo, con case todas as entradas esgotadas. O espectáculo amplía ademais o seu percorrido con novas datas en Pontevedra e unha quinta función no peche da Coruña.
Xosé A. Touriñán súmase a ‘Chisteria Colectiva’, unha das grandes apostas do EMHU 2026
O humorista participa no espectáculo colectivo xunto a outros grandes nomes da comedia estatal, unha estrea absoluta no marco do encontro que xa colgou o cartel de entradas esgotadas para as súas dúas funcións en Palexco.


