As entradas para a Xira Galega de ‘Fariña’ xa están á venda!
Fariña regresa a Galicia logo dun ano e medio de representacións por toda España. Desde hoxe xa están á venda as entradas para a Xira Galega que terá lugar esta primavera.

Fariña regresa esta primavera logo dun exitoso ano e medio fóra de Galicia. O espectáculo dirixido por Tito Asorey leva xirando por toda España nunha xira que arrincou o pasado mes de agosto no Teatro Jovellanos de Xixón. Anteriormente, Madrid acolleu sete meses de representacións en Matadero e no Teatro Cofidis Alcázar. Fariña arrincou este 2022 no Teatro Calderón de Valladolid e esta semana estará en Málaga, no Teatro Cervantes.
O 12 de marzo, o Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, será a primeira parada da obra baseada no libro de Nacho Carretero. O elenco formado por Xosé A. Touriñán, Sergio Zearreta, César Goldi, Marta Lado e Graciela Carlos estará ata o 28 de maio por terras galegas. A Coruña, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Lugo, Ourense, Vigo, Ferrol e Cangas serán as próximas paradas.
As entradas para todas as datas están dispoñibles na web de Fariña e en Ataquilla.com
NOTICIAS RELACIONADAS
‘Aquí Tou!’ regresa ás táboas cunha función especial da man de Touriñán
O monólogo máis persoal do humorista volverá ao Porriño o 26 de setembro cunha función que ten como obxectivo apoiar á Rondalla que participou na película Rondallas.
‘Moi Animal’, o novo monólogo de Touriñán, suma novas funcións á súa primeira xira
O novo monólogo de Xosé A. Touriñán esgota localidades en Cee e Santiago e amplía funcións na Coruña, Vilagarcía, Vigo e Pontevedra. A xira, que comezará en outubro, continúa medrando antes da súa chegada aos escenarios galegos.
Chega ‘A Lacena Pequena’, un novo proxecto cultural itinerante
Ainé e E-ló Arquitectura poñen en marcha unha proposta que combina música, artes escénicas, gastronomía e patrimonio a través dunha singular infraestrutura.


