
Andrés Mahía
Andrés Mahía (A Coruña, 1964) é actor, director e guionista de obras de ficción e teatro.
Con formación en xornalismo, a súa traxectoria profesional transcorre no terreo da creación audiovisual. Comeza traballando como guionista para varios programas da TVG como Vivir aquí ou Meigas fóra. No ano 1997 funda xunto a Carlos Ares e Xosé Castro a produtora Zopilote, dende a que deseña, escribe e desenvolve formatos e contidos de ficción. Entre as súas creacións máis exitosas atópanse as series Mareas Vivas (1998), Terra de Miranda (2001), Air Galicia (2007) e Era visto! (2011).
A experiencia de Mahía únese coa labor de Undodez na dirección e a escrita do guión da serie infantil para a TVG Bechos (2023) e no proxecto transmedia Xeosónica (2023).
Nas táboas, debutou como guionista e intérprete coa obra O refuxiado, estreada a inicios do 2023.
NOTICIAS RELACIONADAS
-
‘Bibopalula · O Espectáculo’: o universo da Banda do Bosque regresa ao teatro
via taboas.gal -
‘Bibopalula’ viaxa ao mundo da man de Digitoonz Spain
via undodez.gal -
A música de Bibopalula chega a todo o mundo da man de Animotion Media
via undodez.gal -
Así foi a estrea de ‘Bibopalula’ no Culturgal: a cativada dá a benvida á Banda do Bosque
via undodez.gal -
Os primeiros episodios da serie de animación musical ‘Bibopalula’ xa están dispoñibles
via undodez.gal -
Chega ‘Bibopalula’, a primeira serie musical de animación en galego
via undodez.gal -
A Televisión de Galicia estrea os cinco últimos capítulos de ‘Na Gloria’
via undodez.gal -
Diferentes enfoques artísticos na Gloria
via undodez.gal -
Esta semana, eleccións na Gloria
via undodez.gal -
Films From Galicia inclúe ‘Bibopalula’ entre as producións galegas deste 2024
via undodez.gal










