Retrato de Marta Lado

Marta Lado

Marta Lado (Fisterra, 1981) é licenciada en Arte Dramática pola ESAD de Galicia, con especialidade en interpretación xestual.

En televisión, participou en series como Con amor e compañía, Serramoura ou O Faro, así como programas como A casa da Conexa ou O Show dos Tonechos. En cinema, destacan os seus papeis en Ons, polo que recibiu o Mestre Mateo a mellor actriz de reparto, e Sicixia, mellor interpretación feminina no Festival Cinespaña de Toulousse.

Sobre as táboas, participou en obras como Tartufo, do Centro Dramático Galego; Ubú Rei, de Talía Teatro, e O Servidor de dous amos, tamén de Talía Teatro e polo que levou o María Casares á mellor actriz secundaria. Formou parte do elenco de Fariña e, actualmente, é a protagonista da obra de teatro Unha inimiga do pobo, de Talía Teatro e dirixida por Tito Asorey.

Marta Lado tamén publicou o libro infantil A pita xefa (Baía Edicións, 2021), polo que logrou o premio Fina Casalderrey de literatura infantil pola igualdade.

FOTOS

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Índice » Marta Lado