Retrato de Manuel Cortés

Manuel Cortés

Manuel Cortés (Vilardevós, 1966) é actor, guionista e escritor.

Nos anos 90, Cortés incorpórase ao grupo teatral Chévere e vincúlase á Sala Nasa de Santiago de Compostela. No seu labor como escritor ten participado na xestación de moitas obras de Chévere como Eroski Paraíso, As Fillas Bravas, Viaxe ao País dos Ananos, Eurozone, Citizen e HumANA, mais tamén na construción doutras obras para diferentes compañías, artistas e grupos como Voadora, Redrum, Antón Coucheiro ou Mofa e Befa.

No teatro, como actor desenvolve multitude de papeis en case todas as producións da compañía Chévere. Recentemente, formou parte do elenco de Recortes, caneos e outras formas de driblar e é o responsable da dramaturxia de Códice K.

Cortés tamén escribe para diversos formatos televisivos como Land Rober, A Casa da Conexa, Libro de Familia ou As Leis de Celavella. Ademais, actúa como protagonista en series como As Leis de Celavella, Pepe o Inglés e O Sabor das Margaridas e en longametraxes como O Ouro do Tempo e Rafael.

FOTOS

Isabel Garrido, Xosé A. Touriñán e Manuel Cortés no escenario de 'Recortes, caneos e outras formas de driblar'
Elenco de 'Recortes' nunha escena da obra
Sergio Zearreta e Manuel Cortés nun momento de 'Recortes'
isabel Garrido e Manuel Cortés nun momento de 'Recortes'
Presentación da obra 'Códice K' en Santiago de Compostela. Ao redor do cartel, de esquerda a dereita, Patricia Castrillón, Álvaro Pérez Becerra, Xocas López, Tito Asorey, Lucía Veiga, Jacobo Sutil, Graciela Carlos, Manuel Cortés e Marita Martínez
Equipo de 'Códice K' na presentación a medios no Museo das Peregrinacións. De esquerda a dereita: Tito Asorey, Noemi Rodríguez, Álvaro Pérez, Patricia Castrillón, Marita Martínez, Jacobo Sutil, Lucía Veiga, Manuel Cortés, Graciela Carlos e Xocas López

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Índice » Manuel Cortés
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.