Manuel Cortés recibe o premio María Casares polo texto orixinal de ‘Códice K’
O galardón foi entregado na gala celebrada no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.
A Asociación de Actrices e Actores de Galicia entregou os XXVIII Premios de Teatro María Casares nunha gala celebrada no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. Un total de 19 obras eran finalistas nas 16 categorías.
Manuel Cortés foi galardonado co María Casares a mellor texto orixinal polo seu labor en ‘Códice K‘. Un espectáculo no que o actor, poeta e dramaturgo achégase ao roubo do Códice Calixtino desde os códigos do televisivo true crime mesturados co medieval auto sacramental. O autor, que non puido acudir para recibir o premio, agradeceu que recoñeceran o seu traballo e tamén quixo compartilo con Laura Porto e Gustavo del Río —finalistas na categoría— posto que “non é unha competición”. O autor agredeceu a todo o equipo técnico e artístico do espectáculo facer posible o ‘Códice K’.
‘Unha inimiga do pobo’, de Talía Teatro, resultou o espectáculo máis premiado, con 7 galardóns. A gala, dirixida por Sara Fandiño, foi unha homenaxe ao teatro musical na que tiveron gran protagonismo as lendas do mar e o espírito atlántico. Vero Rilo leu o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro e María Barcala recolleu o Premio de Honra Marisa Soto.
NOTICIAS RELACIONADAS
Ainé súmase á WordCamp Galicia 2026 como patrocinadora bronce
A produtora súmase á WordCamp Galicia, que se celebrará na Coruña do 16 ao 18 de outubro. Unha colaboración vinculada ao uso de WordPress nas webs de Ainé e os seus espectáculos.
Touriñán comeza a xira de ‘Moi Animal’ este venres en Cee
Cee esgota as entradas para o debut do espectáculo e Pontevedra fai o propio coa función do sábado. Para o domingo quedan as últimas localidades dispoñibles.
Ainé estrea unha aplicación móbil para achegar a súa actividade ao público
A ferramenta reúne nun mesmo espazo a programación de espectáculos, as opcións de compra de entradas, as últimas noticias e os contidos audiovisuais da produtora. Está dispoñible de balde para dispositivos iOS e Android.



