A nova xira de ‘Aquí Tou!’ comeza coas entradas case esgotadas en Vilagarcía
O monólogo de Touriñán volverá percorrer Galicia con datas xa programadas en distintas cidades para abril e maio.
O monólogo ‘Aquí Tou!’ de Xosé A. Touriñán volverá saír de xira por Galicia adiante para reflexionar sobre algúns dos momentos chave da vida do humorista e sobre as casualidades que o levaron a onde está. A primeira parada será este sábado 23 de marzo no Auditorio de Vilagarcía e as entradas están a piques de esgotarse. Logo diso, o cómico visitará tamén Santiago (6 de abril), Ourense (12 de abril), Pontevedra (30 de abril), Lugo (4 de maio) e Ferrol (10 de maio). As entradas están dispoñibles en aquitou.gal e na web de Ataquilla.
‘Aquí Tou!’ vén de xirar no ano 2023 por lugares como O Grove, Burela, Noia, Ponteareas, Cangas, Lalín, Catoira, Fene, Sarria, Vigo e A Coruña. Por todos eles pasaron miles de persoas que riron coas ocorrencias de Touriñán e que encheron os teatros e auditorios galegos, como pasou por exemplo na cidade herculina, onde o humorista vendeu todas as entradas para as dúas funcións no Teatro Colón e outras dúas no Auditorio Palexco.
Consulta todas as datas
NOTICIAS RELACIONADAS
‘A Lacena Pequena’ chega a Triacastela cunha programación arredor do patrimonio e a natureza
A programación inclúe unha exposición de Ana Carballo, unha conferencia do antropólogo Rafael Quintía, unha degustación de produtos locais e actuacións de danza e música tradicional.
‘Territorio Regueifa’ chega hoxe ao Val do Ubra cunha función de balde
O Auditorio Municipal acolle ás 20.30 h unha nova representación do espectáculo, protagonizado por Lupe Blanco, Manolo Maseda e Josinho da Teixeira. A xira continuará en novembro con dúas citas en Barakaldo e Ames.
A Lacena Pequena chega á Rúa cunha xornada arredor da memoria, as festas e o viño
A programación do 3 de outubro percorrerá a historia das celebracións da localidade, a tradición vitivinícola de Valdeorras e a música popular. A xornada contará con conversas, poesía, unha cata de viños e cantos de taberna.



