Cultura contra a barbarie, unha gala solidaria co pobo palestino
O Teatro Rosalía de Castro acollerá a gala 'Cultura contra a barbarie', un evento solidario co pobo palestino organizado por Culturactiva e Pallasos en rebeldía, coa colaboración do Concello da Coruña. Xosé A. Touriñán é un dos participantes da gala que terá lugar o mércores 13 de marzo.
O Teatro Rosalía de Castro da Coruña será o escenario da gala solidaria en favor do pobo palestino ‘Cultura contra a barbarie’. O evento solidario terá lugar o vindeiro 13 de marzo, a partir das 20.30 horas.
Iván Prado, de Pallasos en Rebeldía, xunto co concelleiro de Promoción e fomento da cidade, Gonzalo Castro, presentaron o programa da gala no Concello da Coruña. Coa fin de recadar fondos para axudar á poboación palestina no horror que están vivindono horror que están vivindo a causa dos bombardeos do exército israelí, artistas galegas do ámbito da música e as artes escénicas súmanse a esta data para apoiar economicamente o traballo que desenvolve a Gaza Stars Circus School. Todo o recadado irá destinado a esta entidade coa que colabora Pallasos en rebeldía e que traballa con nenos e nenas palestinos, proporcionándolles bens básicos. As últimas entradas están dispoñibles en ataquilla.com e teñen un prezo de 10 euros.
As Fillas de Cassandra compartirán escenario coas propostas escénicas de Touriñán, Dani García, Sahar Shatat e Iván Prado, xunto cos artistas coruñeses Sue Moreno, Alfredo Muíño e Xurxo Fernandes. Presentada pola actriz Isabel Risco, esta gala será unha oportunidade para reivindicar os dereitos do pobo palestino a través da cultura e a arte.
‘Cultura contra a barbarie’ é un evento organizado por Pallasos en Rebeldía e Culturactiva, coa colaboración do Concello da Coruña, Galiza por Palestina e BDS Galiza.
NOTICIAS RELACIONADAS
‘A Lacena Pequena’ chega a Triacastela cunha programación arredor do patrimonio e a natureza
A programación inclúe unha exposición de Ana Carballo, unha conferencia do antropólogo Rafael Quintía, unha degustación de produtos locais e actuacións de danza e música tradicional.
‘Territorio Regueifa’ chega hoxe ao Val do Ubra cunha función de balde
O Auditorio Municipal acolle ás 20.30 h unha nova representación do espectáculo, protagonizado por Lupe Blanco, Manolo Maseda e Josinho da Teixeira. A xira continuará en novembro con dúas citas en Barakaldo e Ames.
A Lacena Pequena chega á Rúa cunha xornada arredor da memoria, as festas e o viño
A programación do 3 de outubro percorrerá a historia das celebracións da localidade, a tradición vitivinícola de Valdeorras e a música popular. A xornada contará con conversas, poesía, unha cata de viños e cantos de taberna.



