Isabel Risco (A Coruña, 1975) é actriz, clown e pedagoga teatral. Comezou a súa andaina en grupos de teatro universitario da Coruña, na escola Casahamlet e asistindo a cursos monográficos con mestres como Eric de Bont, Jango Edwars, John Wright, Leo Bassi, Carlo Colombaioni, Manuel Lourenzo, Carlo Bosso, etc..
Traballou coas compañías Ibuprofeno Teatro, Espello Cóncavo, Os sete magníficos máis un, Cooperactiva Manicómicos e Produccións Desaqueloutradas. Co-presentou os Premios María Casares no 2015. Coa compañía Maquinaria Pesada comezou a desenvolver espectáculos de producción propia como ‘Bravas’, ‘Nabiza Gir’ e ‘As Vingadoras’. Con Aantena Teatro-CDG-MIT de Ribadavia xira dende 2022 a peza experimental ‘Relato para un incendio’.
No audiovisual fixo papeis protagonistas e secundarios en series como ‘Padre Casares’, ‘A vida por diante’, ‘O Nordés’, ‘Air Galicia’, ‘Era Visto!’ (pola que gañou o Mestre Mateo a Mellor Interpretación Feminina de Repartono 2013), ‘A Casa da Conexa’, ‘Augas Quentes’, ‘Caseiros’ ou ‘Casa Manola’. Tamén participou en programas da TVG como ‘O show dos Tonechos’, ‘Land Rober’, ‘Tourilandia’, ‘Luar’, ‘Zapping Comando’, ‘Máxima Audiencia’, ‘A Solaina’, ‘Heicho Cantar’ ou ¡ ‘En Pé de Festa’… Participa tamén en curtametraxes, series web e campañas publicitarias.