Retrato de Patricia Castrillón

Patricia Castrillón

Patricia Castrillón é mestra de Educación Infantil, mais tamén dedica parte da súa actividade laboral ao sector escénico e audiovisual.

Dende 1998 ten traballado como actriz en varios papeis de reparto en diferentes obras e formatos. Destaca a súa participación no audiovisual nas series Gondar e Os Atlánticos, e sobre as táboas, colabora con compañías como Ratiña Violeta, Colombaíños ou O Convidado. Neste 2023, uniuse ao elenco da obra de teatro Códice K.

Ademais, destaca a súa faceta na improvisación, sendo habitual nos espectáculos de impro que celebra na Coruña Oswaldo Digón, xunto a compañeiros como Marita Martínez ou Tito Rober.

FOTOS

Patricia Castrillón no papel da 'códice' roubada na obra de teatro 'Códice K'
Nun momento de Códice K, Patricia Castrillón no papel de códice, Marita Martínez no de policía e dj Russ na parte superior coa ambientación musical
Patricia Castrillón no papel de códice, acompañada de Lucía Veiga e Graciela Carlos no papel de monxas e Marita Martínez como inspectora
Presentación da obra 'Códice K' en Santiago de Compostela. Ao redor do cartel, de esquerda a dereita, Patricia Castrillón, Álvaro Pérez Becerra, Xocas López, Tito Asorey, Lucía Veiga, Jacobo Sutil, Graciela Carlos, Manuel Cortés e Marita Martínez
Equipo de 'Códice K' na presentación a medios no Museo das Peregrinacións. De esquerda a dereita: Tito Asorey, Noemi Rodríguez, Álvaro Pérez, Patricia Castrillón, Marita Martínez, Jacobo Sutil, Lucía Veiga, Manuel Cortés, Graciela Carlos e Xocas López

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Índice » Patricia Castrillón
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.