A Coruña pechará o Noroeste Estrella Galicia o próximo domingo cunha tarde de monólogos en Santa Margarita
Xosé A. Touriñán, David Amor, Javier Veiga, Lucía Veiga, Marita Martínez e Patricia Castrillón protagonizarán a segunda edición dos 'Contos ao Noroeste', un espectáculo de comedia para o que as entradas xa están á venda a través de Ataquilla.
A mellor comedia pechará de novo o Noroeste Estrella Galicia da Coruña. O próximo domingo, 17 de agosto, a partir das 19.30 horas, seis dos nomes máis recoñecidos do humor e a improvisación en Galicia xuntaranse nunha nova edición de Contos ao Noroeste, a iniciativa coa que o Concello da Coruña amplía a programación do seu festival máis recoñecido ás artes escénicas.
Aos monólogos de Xosé A. Touriñán, David Amor e Javier Veiga sumaranse Lucía Veiga, Marita Martínez e Patricia Castrillón con diferentes xogos de improvisación que requerirán da participación do público, nun formato co que enchen ao longo de todo o ano a Sala Garufa da Coruña.
Será hora e media de comedia para a que as entradas xa están á venda a través de Ataquilla, en prezos de 15 a 18 euros, para as zonas de anfiteatro e platea do auditorio de Santa Margarita. Na pasada edición, Carlos Blanco, David Perdomo, Lucía Veiga e Touriñán fixeron desfrutar a máis de mil cincocentas persoas..
NOTICIAS RELACIONADAS
‘A Lacena Pequena’ chega a Triacastela cunha programación arredor do patrimonio e a natureza
A programación inclúe unha exposición de Ana Carballo, unha conferencia do antropólogo Rafael Quintía, unha degustación de produtos locais e actuacións de danza e música tradicional.
‘Territorio Regueifa’ chega hoxe ao Val do Ubra cunha función de balde
O Auditorio Municipal acolle ás 20.30 h unha nova representación do espectáculo, protagonizado por Lupe Blanco, Manolo Maseda e Josinho da Teixeira. A xira continuará en novembro con dúas citas en Barakaldo e Ames.
A Lacena Pequena chega á Rúa cunha xornada arredor da memoria, as festas e o viño
A programación do 3 de outubro percorrerá a historia das celebracións da localidade, a tradición vitivinícola de Valdeorras e a música popular. A xornada contará con conversas, poesía, unha cata de viños e cantos de taberna.



