Javier Veiga (O Grove, 1973) é autor, actor e director de teatro, cine e televisión, cunha amplísima traxectoria profesional.
Formouse na Real Escola Superior de Arte Dramático de Madrid e comezou a actuar sobre as táboas, aínda que a súa traxectoria tamén o levou ao audiovisual. Conta con máis de dez premios como o Premio Ondas 2001 por El Club de la Comedia ou o Premio a Mellor Actor 2013 no Festival Internacional de Cine de Salento (Italia), ademais de ser o director das curtas ¿De qué se ríen las hienas? e ¡Sálvame!, que acadaron 80 e 50 premios en festivais estatais e internacionais respectivamente.
No ano 1996 creou a compañía Teatro Impar, coa que ademais de produtor, tamén foi actor, director e dramaturgo en máis de vinte e cinco espectáculos. Entre os seus traballos máis recentes no eido teatral destaca Unha noite na praia, unha obra escrita e dirixida por el e protagonizada por Xosé A. Touriñán e Carlos Blanco.
Na televisión, Javier Veiga é o creador e director de Gym Tony, Gym Tony LC e Pequeñas Coincidencias; actuou en series coma Farmacia de guardia ou 7 vidas e presentou programas como El Club de la Comedia.
No cine tamén leva traballado en moitas películas como Muertos de amor (2010), Escuela de seducción (2005) e El año de la garrapata (2004). En 2023 estrea Amigos hasta la muerte, a primeira longametraxe da súa produtora Medio Limón e que el mesmo escribe, dirixe e protagoniza.
FOTOS
NOTICIAS RELACIONADAS
-
A Televisión de Galicia estrea os cinco últimos capítulos de ‘Na Gloria’
via undodez.gal -
‘Amigos hasta la muerte’ foi a gran triunfadora do FICCCUE
via undodez.gal -
‘Amigos hasta la muerte’ chega a Prime Video
via undodez.gal -
‘Amigos hasta la muerte’ segue a xirar por festivais
via undodez.gal -
via taboas.gal
-
‘Amigos hasta la muerte’ chega aos cines este 22 de setembro
via undodez.gal -
‘Amigos hasta la muerte’ preséntase no III Encontro Mundial de Humorismo
via undodez.gal -
Presentamos en Galicia ‘Amigos hasta la muerte’
via undodez.gal -
Ourense acolle a preestrea galega de ‘Amigos hasta la muerte’
via undodez.gal -
‘Amigos hasta la muerte’ preestrearase o 11 de marzo no Festival de Málaga
via undodez.gal





















