Pequeñas Coincidencias comeza a rodaxe da súa última temporada
A que foi a primeira serie española en Amazon Prime está protagonizada por Javier Veiga e Marta Hazas, e conta con Xosé A. Touriñán no seu reparto. Medio Limón, Onza e Atresmedia Studios inician esta semana en Madrid a gravación dunha terceira temporada “con máis comedia”.

“Máis enredo, máis equívocos, más personaxes angustiados, e polo tanto máis comedia”. Queda menos para que os seguidores de Pequeñas Coincidencias poidan desfrutar da terceira e derradeira temporada da serie protagonizada por Javier Veiga e Marta Hazas. A que foi a primeira produción española en Amazon Prime inicia a rodaxe dos novos capítulos esta semana en Madrid, co reparto coñecido polos espectadores, que á marxe dos protagonistas forman Mariano Peña, Juan Ibáñez, Alicia Rubio, Tomás Pozzi, José Troncoso e o galego Xosé A. Touriñán, entre outros.
O actor cullerdense compatibilizará neste mes de agosto a gravación de Pequeñas Coincidencias co do filme Cuñados, que a partir do día 17 comezará en Ourense.
A nova temporada terá un total de dez episodios, e chegará no 2021 en exclusiva a través de Amazon Prime en España, Lationamérica, Italia e Estados Unidos.
Someone Out There: NBC adaptará a serie en América
Á marxe da exitosa traxectoria da produción de Medio Limón, Onza e Atresmedia Studios en España, a serie abrirá unha nova etapa coa adaptación que a NBC prepara nos Estados Unidos baixo o título Someone Out There.
NOTICIAS RELACIONADAS
Touriñán comeza a xira de ‘Moi Animal’ este venres en Cee
Cee esgota as entradas para o debut do espectáculo e Pontevedra fai o propio coa función do sábado. Para o domingo quedan as últimas localidades dispoñibles.
Ainé estrea unha aplicación móbil para achegar a súa actividade ao público
A ferramenta reúne nun mesmo espazo a programación de espectáculos, as opcións de compra de entradas, as últimas noticias e os contidos audiovisuais da produtora. Está dispoñible de balde para dispositivos iOS e Android.
‘A Lacena Pequena’ chega a Triacastela cunha programación arredor do patrimonio e a natureza
A programación inclúe unha exposición de Ana Carballo, unha conferencia do antropólogo Rafael Quintía, unha degustación de produtos locais e actuacións de danza e música tradicional.


