Oswaldo Digón (Cervantes, 1975) é actor de teatro, monologuista e guionista.
Estudou teatro na academia Casa Hamlet, Improvisación Teatral con ImproMadrid e interpretación coa produtora audiovisual La Tuerka 27. Traballou como actor no teatro en compañías como Espello Cóncavo, Teatro da Bufarda e Valacar.
Fóra de Galicia, participou como cómico de reparto no espectáculo Las noches del Club de la Comedia no Teatro Rialto (Madrid) e Teatro Condal (Barcelona). Foi responsable do guión e interpretación dos monólogos de comedia Diálogos en 3D (catro temporadas en cartel no Teatro Villarroel de Barcelona) e Gente triste (dúas temporadas no Teatro Muñoz Seca de Madrid).
Oswaldo destaca como actor e director de improvisación teatral en Os Duguis Impro e no espectáculo Coleccionistas. Recentemente, salienta a súa participación en Carbón, xunto a Xurxo Mariño, e Ansia Viva, con Luis Tinaquero.
Na televisión, participou como actor nos programas Malo Será! e como guionista en A casa da conexa, Tourilandia, Malo Será! e Malicia Noticias.