Touriñán, Oswaldo Digón e Marita Martínez, de xira por Galicia da man dos ‘Monólogos R’
Os tres cómicos protagonizan este mes de maio o retorno aos teatros dos Monólogos R. A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo serán as sedes desta volta ao formato presencial.

Logo dun parón obrigado polas circunsntacias sociosanitarias, volven aos teatros os Monólogos R. Unha cita anual na que levamos colaborando desde 2008 e que o ano pasado tivo unha versión “en zapatillas” para poder gozar desde as casas que protagonizou Touriñán.
Ao longo destes anos os mellores monologuistas galegos pasaron por esta festa da comedia: David Amor, Isi, Pepo Suevos, Carlos Blanco, Javier Veiga, David Perdomo, Federico Pérez, Rober Bodegas, Marcos Pereiro, Víctor Grande, Isabel Risco…
Nesta edición, Xosé A. Touriñán estará no escenario xunto a Oswaldo Digón e Marita Martínez, compartindo co público a emoción de recuperar pasiño a pasiño os teatros, as risas e a experiencia de disfrutar da comedia en directo, cousas que botamos tanto de menos.
Durante o mes de maio, farán parada na Coruña o día 7, Ourense o 26, Lugo o 27 e, para rematar, o día 29 pecharán a xira en Vigo, no Teatro Afundación. Nas redes sociais de R podedes conseguir convites para asistir.
NOTICIAS RELACIONADAS
‘Aquí Tou!’ regresa ás táboas cunha función especial da man de Touriñán
O monólogo máis persoal do humorista volverá ao Porriño o 26 de setembro cunha función que ten como obxectivo apoiar á Rondalla que participou na película Rondallas.
‘Moi Animal’, o novo monólogo de Touriñán, suma novas funcións á súa primeira xira
O novo monólogo de Xosé A. Touriñán esgota localidades en Cee e Santiago e amplía funcións na Coruña, Vilagarcía, Vigo e Pontevedra. A xira, que comezará en outubro, continúa medrando antes da súa chegada aos escenarios galegos.
Chega ‘A Lacena Pequena’, un novo proxecto cultural itinerante
Ainé e E-ló Arquitectura poñen en marcha unha proposta que combina música, artes escénicas, gastronomía e patrimonio a través dunha singular infraestrutura.


