Manolo Maseda

Nado en Burela en 1975, Manolo Maseda é músico, compositor, educador e regueifeiro. Formado no Conservatorio de Santiago de Compostela e licenciado en Historia e Ciencias da Música pola Universidade de Salamanca, é profesor de música en secundaria e un apaixonado do acordeón, instrumento co que creou unha identidade artística propia. Participou en grupos como Fiandola, Serra-lhe aí!!! ou Os Diplomáticos de Montealto, ademais de colaborar con artistas como Guadi Galego, Sés, Uxía ou Lamatumbá.

A súa conexión coa regueifa nace do activismo educativo, especialmente a través do Proxecto Regueifesta, que leva máis de dez anos impulsando a improvisación oral en verso nas escolas públicas galegas. Este proxecto foi tamén parte dun Erasmus+ europeo, conectando Galicia con territorios como Cerdeña, Madeira ou o País Vasco. Ademais, co trío Regueifa Ambulante, que comparte con Lupe Blanco e Josinho da Teixeira, segue construíndo unha regueifa expansiva e contemporánea, enraizada na tradición pero aberta ao século XXI.

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Índice » Manolo Maseda
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.