Pablo Meixe

Pablo Meixe (Ordes, A Coruña) é humorista, actor e guionista. Comezou no teatro con tan só 14 anos e, poucos despois, xa dirixía o grupo municipal da súa vila. A súa relación coa comedia arrinca cedo: con 19 anos estreou o seu primeiro monólogo e, aos 21, debutou na Televisión de Galicia no programa Os Aspirantes.

Con máis dunha década de experiencia sobre os escenarios, Meixe consolidouse como unha das voces novas máis recoñecidas do stand up galego e estatal. Foi gañador do II Concurso Nacional de Monólogos Helios e presentou espectáculos como ¿Quién aguanta esto?, unha reflexión cómica sobre a vida cotiá e as súas pequenas loucuras.

Na actualidade percorre o país con Meixeverso, o seu proxecto máis persoal, no que combina humor, improvisación e contido audiovisual nun formato híbrido entre o show, a gala e o cinema en directo.

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Índice » Pablo Meixe
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.