Retrato de Laura Iturralde

Laura Iturralde

Laura Iturralde é directora de arte e iluminadora.

Técnica Superior en Imaxe e en Gráfica Publicitaria e titulada en Arte Dramática na especialidade de Escenografía, tamén conta con mestrado en Profesorado. Laura Iturralde vai acumulando propostas interesantísimas, arriscadas e cun forte sentido estético, sendo unha das creadoras teatrais galegas máis interesantes dos últimos anos.

Realiza videocreacións e iluminacións tanto para espectáculos teatrais, traballando para compañías de toda Galicia, como para artistas musicais como Mercedes Peón, a Orquesta Metamovida ou Trilitrate. É a responsable da iluminación de Continente María e Recortes, caneos e outras formas de driblar, Unha inimiga do pobo e Códice K.

Resultou gañadora nos últimos anos dos premios María Casares (un a Mellor Escenografía por Resaca, de ilMaquinario Teatro, e tres a Mellor Iluminación por Invisibles, de Redrum, O Empapelado Amarelo, de A Quinta do Cuadrante e Bailar Agora, de Marta Alonso Tejada). En 2021 logrou o Premio Nacional a Mellor Iluminación outorgado pola Asociación de Directores de Escena de España polo seu traballo en Fariña.

En 2022 encárgase da dirección artística e a iluminación do que sen dúbida foi un dos grandes acontecementos do ano: a participación das Tanxugueiras no Festival de Benidorm co seu tema Terra.

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Índice » Laura Iturralde