Retrato de Ledicia Sola

Ledicia Sola

Ledicia Sola (Ourense, 1978) é actriz de cine, teatro e televisión.

Conta cunha ampla traxectoria, sendo unha cara habitual nas pantallas de Galicia e no panorama estatal. Na televisión galega é recoñecida por series como Pazo de familia, Serramoura, Os Atlánticos, Rías Baixas ou O Nordés, e a nivel estatal en series como Gran Reserva, Amar es para siempre ou Vivir sin permiso. Recentemente, participa na serie internacional en inglés The Mallorca Files (BBC).

No cine, participou en filmes como El patio de mi cárcel de Belén Macías, A Esmorga de Ignacio Vilar, e Os fenómenos de Alfonso Zarauza, pola que gañou o Premio Mestre Mateo a Mellor Actriz de Reparto.

No teatro traballou con directores da talla de Michael Cacoyannis, Peter Stein, Tamzin Townsend, Yllana ou David Trueba. Sobre as táboas participa en Amigos ata a morte, de Javier Veiga, así como forma parte do elenco na longametraxe homónima estreada en 2023. Ademais, Ledicia Sola está inmersa no seu espectáculo de humor, o monólogo Divina, e en dous proxectos coas actrices Carmen Méndez e Marta Doviro: Sen Restricións e As R(h)umorosas.

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Índice » Ledicia Sola