Retrato de Sara Rey Seoane

Sara Rey

Sara Rey é directora e autora teatral.

Estudou Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en Dirección de Escena e Dramaturxia pola ESAD de Galicia. Vinculada desde moi nova ao teatro coa compañía Noite Bohemia da Coruña, coa cal escribiu e dirixiu a súa primeira peza coa que foi finalista do X Concurso Nacional de Teatro Clásico Grecolatino con tan só 19 anos. En 2021 resultou gañadora do II Premio de Microteatro da Memoria que outorgan a Deputación de Pontevedra e a ESAD de Galicia.

Traballou como axudante de produción na MIT de Ribadavia e foi axudante de dirección de Tito Asorey en A lúa vai encuberta, de Incendiaria e A Quinta do Cuadrante, e en Recortes, caneos e outras formas de driblar. Recentemente dirixe Antonio e Cleopatra, unha montaxe do CDG que forma parte de Shakespeare en Roma e que conta coa dramaturxia de Ana Abad de Larriva.

FOTOS

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Índice » Sara Rey