Laura Baena

Laura Baena é deseñadora de moda e de vestiario.

Titulada en Deseño e Creación de Moda e Complementos pola Escola Superior de Deseño de Goymar, conta con experiencia como estilista de vestiario e deseñadora.

Nos últimos anos, realizou traballos de coordinación de vestiario para series e programas da Televisión de Galicia así como para spots publicitarios de diferentes multinacionais galegas. Na súa experiencia como deseñadora destaca a creación de vestiario para a peza teatral Coleccionistas, a arte feita comedia; Continente María; Recortes, caneos e outras formas de driblar e Códice K.

Ademais, Laura é fundadora e directora creativa de Baena, a súa propia marca de roupa. Neste espazo, a artista elabora patróns que dan lugar a pezas téxtiles de todo tipo, un lugar onde deixar voar a imaxinación e onde realizar moda dun xeito sostible. O seu traballo, totalmente artesanal, baséase nun modelo circular de proximidade e sostibilidade, traballando desde A Coruña con costureiras da cidade e con provedores establecidos en Europa.

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Índice » Laura Baena